Descubrimos “O Método Científico” na B.P.M de Mondariz-Balneario coa Ciencia Divertida
No día de onte achegáronse ate a nosa biblioteca o equipo de Ciencia Divertida a ensinarnos como experimentar de xeito seguro coa ciencia a través do Método Científico.
A cativada desfrutou moitísimo realizando experimentos, aprendendo vocabulario científico e divertíndose ao mesmo tempo.
Esperamos volver repetir a experiencia co equipo de Ciencia Divertida, e que na próxima visita nos volvan sorprender con experimentos tan chulos como os que nos trouxeron onte.