Andar aos biosbardos con Charo Pita en Culleredo
Chega á fin maio, e na Biblioteca Municipal de Culleredo rematamos as actividades do mes das Letras Galegas á procura de biosbardos. Foi onte, xoves 26, na compaña de Lebre, Lagarta, Cangrexo, Abella e o Vento Norberto. E foi marabilloso e formidábel