Debuxar textos e ler debuxos con Florencio Delgado na Biblioteca Pública Municipal de Narón
Este sábado 28 de maio recibimos a Sheila García, da compañía Costa Oeste, que veu ofrecernos o seu obradoiro creativo Debuxar textos e ler debuxos con Florencio Delgado. Esta actividade é unha proposta de animación á lectura onde, grazas aos poemas de Florencio Delgado e á técnica dos caligramas, descubrimos a importancia das artes como medio de expresión artística. Cada participante deseñou a súa propia bolsa de tea contribuíndo deste xeito á sensibilización ambiental e á creación de conciencia en materia medioambiental.
Con esta actividade na que puideron participar persoas de todas as idades pechamos os actos conmemorativos do Día das Letras Galegas 2022.