Descubrindo a Amelia Earhart na Biblioteca Pública Municipal José Saramago de Santa Marta
Este venres 3 de xuño, cinco nenos e nenas desfrutaron dunha tarde de historia, aventura, misterio e diversión cun contacontos e obradoiro, impartido por Andrea Barreira, sobre a aviadora e aventureira Amelia Earhart. Puideron coñecer a súa historia e mesmo deseñar e construir os seus propios prototipos de avións.