“As superheroínas do noso pobo”. Obradoiro de ilustración na BMP de Paradela.
O luns 13 de xuño, a Biblioteca Municipal de Paradela acolleu un obradoiro de ilustración con Estefanía Padullés. Participaron 21 nenos e nenas do C.E.I.P Plurilingüe San Miguel de Paradela. Coñeceron a María Sibylla Merian (1647-1717), científica destacada polas suas observacións e descripcións, con ilustracións propias, da metamorfose das bolboretas. Posteriormente, debuxaron a súa superheroína particular. Ao final da actividade, cada un dos participantes levou un certificado de asistencia.
- Exposición do obradoiro con Estefanía Padullés no salón de actos.
Os participantes elaborando os seus carteis cas súas superheroínas, na Biblioteca.
3. Os participantes xa rematado o obradoiro no exterior do centro.
As súas superheroínas estarán expostas no centro.