PACO NOGUEIRAS visitou BiblioPazos co seu xornal musical “EXTRA!”
Para conmemorar a chegada do Solsticio de Verán e as vacacións escolares estivo con nós o escritor, músico e actor PACO NOGUEIRAS co espectáculo “EXTRA!” baseado no seu Libro-CD do mesmo título editado por Kalandraka Editora, no que se combinaron cancións e interpretacións cos rexistros mais divertidos.
A actividade tivo lugar o Venres 10 de Xuño ás 13:00 horas nas instalacións do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e estiveron convidados á mesma o alumnado de Infantil e Primaria do centro, os usuarios da Asociación ASPAVI, e todo o público en xeral que se inscribiu previamente na Biblioteca.
Chegou o “xornal musical” que Paco Nogueiras ideou para compartir con todas e todos nós convidándonos a conectar co mundo e transformar a realidade en canción. Cantáronse noticias, bailáronse melodías e ritmos modernos e pegadizos que animaron á participación activa de todos os asistentes.
En definitiva, difusión da lingua galega, alegría, diversión, imaxinación e información.
Grazas a Paco Nogueiras por este estupendo espectáculo musical.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA