“Pedras de papel” ensinou cestería en papel na Biblioteca de Coiro
O martes día 28 os ne@s e moz@s de Coiro tiveron a ocasión de aprender a darlle unha segunda vida ás revistas, xornais e outros materiais de refugallo.
Divertido obradoiro onde se aprenderon distintas técnicas de cestería tradicional utilizando como materia base o papel, poñendo en valor a tradición e o esforzo que supón realizar este tipo de pezas únicas e personalizadas.
E xa coas mans á obra, “quen fai un cesto fai un cento”!