Historias fabulosas, fixeron maxia e outras cousas en Aranga
O pasado Venres Elisa & Ian , da compañía 2 Minds Combined viñeron a Aranga para facer desfrutar á mocidade dun fabuloso espectáculo mistura de ilusionismo, humor, xogos de sombras, e moita maxia.
A serenidade de Elisa e o Gallenglish de Ian fixeron un espectáculo que foi un cóctel de risas, trucos e animación constante moi próximo a un abundante publico que non deixou de participar e de rir a gargalladas durante toda a actuación.