A xanela de Maxín co seu espectáculo “Lúa quere viaxar a Marte” na Biblioteca Pública Municipal José Saramago do CSC das Fontiñas
O xoves, 7 de xullo, recibimos a visita de A xanela da Maxín, que nos entretivo contando a historia da intrépida Lúa, unha gatiña que loitou por facer realidade o seu soño de poder viaxar a Marte. Unha historia moi divertida que contribúe a fomentar a igualdade entre homes e mulleres.