Concerto infantil de Pakolas e Laura Romero na PLIC!
Na derradeira xornada da Praza dos Libros tivemos a visita do gran Pakolas, acompañado pola ilustradora Laura Romero, quenes nos agasallaron coa música do seu libro-disco “Ramona Órbita”.
Pakolas, como sempre, puxo ao público en pé para bailar e cantar, mentres Laura amosaba as súas incribles habilidades artísticas elaborando en directo un fantástico mural. Ao final da actuación asinaron copias do libro a todo aquel que llelo pedía.