Obradoiro “A cidade violeta”, con Anxo Fariña, na PLIC!
Esta edición da Praza dos Libros de Carballo tivemos ao escritor e ilustrador Anxo Fariña amosándonos os trucos da súa arte no obradoiro para nenos e nenas de 6 a 9 anos “A cidade violeta”.
Nel, Anxo nos explicou como é o seu proceso creativo á hora de crear personaxes e entre todos creamos unha cidade violeta pintada cunha pintura especial que se ilumina cunha lanterna moi especial.
Pasámolo en grande!