“OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL” da artista Carmen Conde Gaute de “Tarabela Creativa”
O día 03/08/2022 na Biblioteca municipal Segundo Gil Davila de Arbo tivo lugar esta actividade: comeza explicando que todas as persoas poden contar unha historia, que non ten porque ser real. Así vai falando con diferentes participantes, a cada un/ha deles consegue que lles relate unha historia inventada, a través das preguntas que lles vai facendo. Historias que se volven divertidas, e que todos son capaces de narrar.
En todo momento tratase dunha actividade interactiva na que o artista pregunta e fala cos nenos e nenas sobre as historias que van xurdindo. O importante é a palabra e narración de feitos e que todas as persoas somos capaces de facelo.
A actuación comezou ás 11.00 h e rematou ás 12.00 h; acudiron un total de 36 persoas: 29 nenos e 7 nenas dende os 7 anos ata os 13 anos de idade.