A MÁQUINA DO TEMPO DE TEATRO GHAZAFELHOS NO PEREIRO DE AGUIAR
Os amigos de Teatro Ghazafelhos convertéronse o pasado venres, nunha científica rusa e no seu axudante para explicarlles aos nenos e nenas do Pereiro a Historia das civilizacións. A través desta marabillosa obra de teatro fixeronnos gozar e rir tanto a adultos como a pequenos, os cales se converteron tamén en axudantes da Dra Mon.
Enganchou ao público dende o comezo ata o final e ademáis de pasar un bo rato, aprendemos o importante que é cooperar para que o mundo sexa mellor.