Debuxando un conto. Obradoiro creativo na Biblioteca Pública Municipal de Paradela
O pasado luns, 19 de setembro, a Biblioteca Pública Municipal de Paradela acolleu un obradoiro creativo dentro do programa de dinamización da lectura “Ler conta moito” da Xunta de Galicia. Un total de 24 nenos e nenas de infantil do C.E.I.P Plurilingüe San Miguel de Paradela achegáronse á biblioteca con profesores e algunha mamá, para debuxar un conto, con Estefanía Padullés Estévez.
- Actividade “Debuxando un conto”. Participantes.
A actividade rematou cos nenos e nenas moi contentos ca elaboración do libro que ilustra as peripecias da súa protagonista “A Vaca Mona”.
Darlles as gracias aos nenos e nenas do C.E.I.P Plurilingüe de San Miguel de Paradela por colaborar ca biblioteca do seu pobo.