“O tesouro” con Trécola Teatro na Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso” de Dorneda (Oleiros)
Este luns 19 de setembro comezamos nova tempada de animación lectora na biblioteca Mª José Ruso de Dorneda da man de Trécola Teatro co seu contacontos “O tesouro”. Con dúas imaxinativas exploradoras viaxamos a mundos máxicos e sorprendentes na procura dun tesouro moi, moi especial.