Que animaliño é? de Trémola Teatro na Biblioteca Rego da Balsa
Este mércores 21 de setembro Paula e Lucía de Trémola Teatro ofrecéronnos un espectáculo para bebés de 6 meses a 3 anos chamado “Que animaliño é?”.
Nel, 40 bebés e as súas familias puideron desfrutar dunha tarde de contos, cancións, baile e todo tipo de sensacións que fixeron que saíran do maís satisfeitos. Seguro que esta noite durmirán de seguido!
Grazas como sempre a Ler Conta Moito por traernos esta actividade tan divertida.