“Robótica educativa. Creatividade inspiradora” na B.P.M. “Manuel María” de Oleiros a cargo de A Nube de Artear
O martes, 20 de setembro, tivo lugar na biblioteca de Oleiros o obradoiro “Robótica educativa. Creatividade inspiradora”.
As nenas e nenos que participaron nesta actividade crearon, con pezas de lego, diferentes obxectos que programaron para que executaran diferentes accións como por exemplo un caracol que se ilumina e canta ou un robot espía que nos avisa cando unha persoa entra na biblioteca.
Pasamos unha tarde verdadeiramente divertida e sobre todo aprendimos moito sobre que é un robot, cómo funciona e para que sirve.