1º Galicia ilusiona coa maxia de Pedro Bugarín na Biblioteca Rosalía de Castro en Santa Cruz (Oleiros)
Esta actividade de Pedro Bugarín no seu título pon que”Galicia ilusiona coa maxia”, na Biblioteca de Santa Cruz en Oleiros, non foi so a maxia a que fixo que o público se ilusionase, senón que a simpatía do artista completou o espectáculo con pílulas de diversión e risas. Un auditorio totalmente entregado e abraiado cos trucos foi o resultado final da actividade.
Cordas rotas que reaparecían como novas, moedas invisíbles que de súpeto e sen que ninguén o entendese aparecían dentro de vasos, páxinas brancas de libros que máxicamente se iluminaban con miles de cores, esos e moitos trucos máis deixaron a un público sorprendido e con gañas de máis.
Ao final da actividade, repartiuse unha variña máxica a cada rapaz e rapaza asistente.