MAXIA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL POETA LOIS PEREIRO DE MONFORTE
Óscar Fernández, da compañía “Magia en la manga” de Carlos Tomico Pérez, actuou o venres 23 de setembro no salón de actos da biblioteca e casa da cultura do concello de Monforte de Lemos. Foron 50 minutos nos que os rapaces , máis de cen, disfrutaron cos seus números de maxia. Panos que cambian de cor, cordas que rompen e volven a estar enteiras, cartas da baralla máxicas e un sinfin de trucos nos que solicita a colaboración de axudantes facendo ao público partícipe dos mesmos.
Xa agardamos a seguinte actuación.