“Rockeamos todas con Pakolas” na Biblioteca José Saramago de Conxo
O sábado 9 de setembro, gozamos dun espectáculo familiar moi divertido, no que Pakolas, coma sempre, a un ritmo moi rockeiro, fixo que as nenas e os nenos aprenderan a importancia de medrar e vivir en igualdade mediante cancións e contos onde ELAS son as protagonistas.