Volven os ratos de Lonxedetodo a Ribado! Biblioteca municipal “EL Viejo Pancho”
O martes 27 de setembro recibimos aos ratos de Lonxedetodo, vellos amigos das nenas e nenos de Ribadeo. Visitáronnos o rato Fuco e o rato Pillo de Trinke Trinke Teatro. Contaron moitos contos, cantaron moitas cancións e o rato Pillo fixo unhas cantas travesuras. Os ratos son grandes amigos das Bibliotecas e moi bos lectores por iso saben tantos contos e anímannos sempre a visitar as bibliotecas.