A ORQUESTRA DE CAMAROTE na B.P.M. Ánxel Fole de Nós (Oleiros)
O venres 30 de setembro tivemos a sorte de que viñeran a nosa biblioteca Damián e Moisés, compoñentes de Solovoz, que nos contaron a historia de como o Príncipe Lourenzo aprendeu a tocar diferentes instrumentes percorrendo todo o mundo.
Foi un espectáculo que combinou ás mil marabillas a narración oral e a música , e que fixo as delicias de pequenos e maiores, que bailamos, cantamos e sobre todo nos divertimos.