MEIGAS BOAS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL POETA LOIS PEREIRO DE MONFORTE DE LEMOS
Da man de Leo Leiño e da súa irmá Cristina dúas meigas boas chegaron o xoves 29 de setembro a biblioteca de Monforte para facer as ledicias de 120 nenos e nenas de 5 e 6 anos. As meigas fixeron os seus trucos : libros que arden pero non se queiman, panos que cambian de cores, mesas voadoras, cartas máxicas que emiten luces , segredos da Ribeira Sacra e os seus libros… . Durante unha hora os rapaces foron partícipes da maxia e o bo facer destas simpáticas e entrañables meigas.