Muller, escritora, en galego e… polo mundo! na B.P.M ” Casa Habanera”
O alumnado de IES POETA DIAZ CASTRO, achegouse ata a biblitoteca municipal para participar na charla ” Muller, escritora, en galego e … polo mundo!, da man da escritora e poeta Yolanda Castaño.
Nunha charla amena, empoderadora, aderezada con anécdotas e poemas, unha das poetas máis populares e internacionais contounos como se abriu paso nunha profesión tan machista, e superou os obstáculos, prexuízos e actitudes patriarcais “.
Actividade que forma parte do programa de animación á lectura e dinamización da lingua galega da Biblioteca Pública Municipal “Casa Habanera” do Concello de Guitiriz.





