“4500 Anos da incrible historia da maxia (Parte 1 e 2)” do Mago Teto
Onte, día 6 de outubro, na B.P.M. de Fene visitounos o Mago Teto coa súa actuación “4500 Anos da incrible historia da maxia (Parte 1 e 2)”. Realizou un breve, pero intenso, paseo pola historia da maxia recurrindo a diferentes trucos, nos que contou coa complicidade e colaboración dun público totalmente entregado.
Pasamos unha fantástica tarde de maxia e humor co broche final dunha grande variedade de sombras chinesas.


