Contos musicados con Lydia Botana na ALM de Carnota
Hoxe pasamos unha tarde deliciosa na Axencia de Lectura Municipal de Carnota con Bolboreta e os seus “Contos Musicados”. De aquí para alá, Polo camiño, Un libro, O polo Pepe e un montón de historias máis, marabillosamente contadas e cantadas por Lydia Botana. Quedamos con gana de máis!