O MAGO TETO VISITA A BIBLIOTECA MUNICIPAL POETA LOIS PEREIRO DE MONFORTE DE LEMOS
O venres 7 de outubro o mago Teto visitou a biblioteca municipal de Monforte de Lemos. Durante os 50 minutos que dorou o espectáculo fixo as ledicias dos máis de 135 nenos e nenas que enchían o salón de actos da Casa da Cultura donde se atopa a nosa biblioteca. Os pequenos aplaudiron e celebraron os números de maxia, algúns coñecidos e outros completamente novos , cos que o mago fixo a ledicia de todos os presentes. O número final das botellas que se multiplican e cambian de sitio foi o máis aplaudido por novedoso e deixounos a todos coa boca aberta.
Con esta actuación rematamos a temporada do programa Ler Conta Moito. Xa estamos esperando ao ano que ven para volver a disfrutar dos artistas con novas actuacións.