“Brinca vai! de aquí a acolá” con Paco Nogueiras na BPM de Portonovo
Outubro, Mes das Bibliotecas!!!
“Brinca vai, de aquí a acolá” o espectáculo de Paco Nogueiras estivo o martes 11 de outubro na Biblioteca de Portonovo.
Baseado no libro-cd-dvd do mesmo nome, onde se combinan cancións, animacións e intepretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos, foi o fío conductor dunha sesión musical, que aproveitando a boa tarde fixemos no exterior da Biblioteca.

Tanto os nenos e nenas coma os papás e mamás pasaron unha hora moi amena, cantando e bailando con Paco
con temas sobre a amizade, a ecoloxía, a poesía e con títulos como o Rap do Magosto, o Apalpador, o Entroido, Nun Libro…

Moitas grazas a Paco Nogueiras Nodar por facernos pasar unha hora moi divertida 
