Estrelas no bico, na fronte un cantar. (BPM Valadouro)
Marabilloso evento no Valadouro, Estrelas no bico, na fronte un cantar, conducido pola polifacética artista Estibaliz Espinosa e acompañada ao piano por Juanma Varela. Estibaliz fixo divulgación científica, contestando as inquedanzas do homo sapiens sobre a súa esencia e sobre o espazo que nos rodea máis alén: Galaxias, constelacións, exoplanetas e estrelas de reminiscencias rosalianas… A ciencia inspira a curiosidade e a literatura de Estibaliz que é beleza reflectida na materia escura que debemos descubrir e alentar. A música encadea este revelador Ler conta Moito cunha voz fascinante, inmensa, cósmica como dixo unha espectadora atenta. Foi un pracer asistirmos a esta divulgación literaria tan necesaria e fermosa.