Laboratorio de radio na biblio de Noia con “Radiocontada”
O venres 14 tivemos un obradoiro do máis interesante na nosa Biblioteca: “Radiocontada”.
@s nen@s comezaron improvisando sons e historias con materiais e instrumentos reciclados que posteriormente rexistraron en formato de conto.
Foi interesante escoitar aos nenos darlle vida coa súa propia voz ás historias. Desfrutaron moito a parte de que entenderon o funcionamento da creación na radio.