Onde está Amelia Earhart?…na BPM do Saviñao
Día 18 de outubro de 2022 ás 18:00, biblioteca de Escairón
Celebramos o mes das bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Onde está Amelia Earhart?
da man de Andrea Barreira Freije
o 18 de outubro, ás 18:00 na biblioteca
Achegámonos á historia das mulleres na aviación.
Con Andrea aprendemos que un avión era compartido, porque era moi caro, e que ademais era raro que houbera mulleres pilotando un.
Ensaiamos equilibrio:
Despois de saber máis cousas de como era un avión na época de Amelia,fixemos os nosos avións de papel:
Despois de comprobar que voaban, personalizamos os nosos avións igual que facían os promeiros pilotos, incluso Amelia:
Unha actividade moi divertida porque os distintos modelos de avións voan distinto!