Dani Blanco con «Historias desde o outro lado da raia» na Biblioteca Central “Henrique Rabuñal” de Arteixo
Dani Blanco, aterrou este xoves pola tarde na Biblioteca Central de Arteixo, tróuxonos moitos contos para a rapazada, nesta ocasión historias chegadas do pais veciño, Portugal, aínda que mesmo parecían galegas pola súa semellanza coas nosas.
Pequenos, pequenas e tamén algún que outro adulto, gozaron durante unha hora, aproximadamente, dunhas viaxes a mundos fantásticos nos que se divertiron moito.