A maxia do mago Paco na biblio de Aldán
Esta vez, O Mago Paco presentounos unha morea de contos e historias a través de xogos e da maxia, que levaron a cativos e maiores a descubrir a “maxia divertida” que agochan os contos. Desta volta, este peculiar personaxe, argallou novas maxias engadindo a risa como elemento principal para sorprender o seu público. Unha proposta pouco convencional para traballar os contos, pero moi, moi divertida!!!