Que animaliño é? Na biblioteca Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo
O xoves, trece, recibimos a visita de Teatro Trémola.
Como sempre a proposta de Paula e Lucia en Que animaliño é? non deixou indiferentes aos nosos bebés nin aos seus acompañantes. Paula co seu xilófono e a través de diferentes elementos sensoriais fixo que os máis pequenos da casa coñeceran a Peixe, Paxaro e Gato e o que os rodea.
Mamis, papis e bebés pasaron unha marabillosa tarde na biblio de sanxenxo gozando dos contos, sons e cancións de Peixe, Paxaro e Gato, interpretados polas integrantes do teatro Trémola.