Biblioteca Pública Municipal da Pobra do Brollón, “Contos para pasalo de medo”. Contos con marionetas e narración oral por Carmen Domech.
O venres día 21 de outubro, festexamos o día das Bibliotecas, na compaña de Carmen Domech, co seu contacontos de marionetas e narración oral “contos para pasalo de medo”,dunha maneira moi divertida, na que os nenos e adultos foron os verdadeiros protagonistas. Pasámolo xenial. Grazas a Carmen Domech pola visita!!