Fantasías de papel de Fátima Fernández na Biblioteca Municipal de Cenlle
As “Fantasías de Papel” de Fátima Fernández foron o colofón no Día das Bibliotecas na biblioteca de Cenlle.
As nenas e nenos do CEIP de Cenlle e as súas profes visitaron a biblioteca e gozaron das fantasías desprendidas de libros pop up. Fátima canta e dramatiza as súas historias alimentando a imaxinación de todos os asistentes.