“Porco, porquiño ensíname o camiño” de Charo Pita en Ribeira
Que ben estivemos no Centro Cultural Lustres Rivas o sábado, 15 de abril, pola mañá!
Coas obras de Vyana DL ao Redor, acubillándonos, escoitamos as cancións e os contos de Charo Pita.
“Porco, porquiño ensíname o camiño” encheu o Lustres Rivas de alegría. Bebés, papás, mamás… Unha manchea de persoas acompañamos a Charo nunha andaina de aprendizaxe de novas palabras, ritmos e historias para as persoas máis pequenas da casa.
Parabéns ao público por participar! E parabéns a Charo Pita polo seu ben facer!
Vémonos no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira. Recordade que a Biblioteca Pública Municipal de Ribeira está aberta os sábados para préstamo ata as 14.00 h.
Ler Conta Moito!

