Sabela Gago pasa por As Pontes coas súas “Maletas viaxeiras”
Sabela Gago compartiu cos nenos e nenas das Pontes os contos das súas Maletas Viaxeiras. Tivemos a sorte de escoitala e rir con ela dentro do noso programa Xoves na biblio. Encantounos viaxar polo mundo da súa man nunha viaxe chea de fantasía e humor.