“Filipa cos contos 2023” na B.P.M. de Vilar de Santos
O mércores, 17 de maio, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, recibimos na B.P.M. de Vilar de Santos a visita de Fran Campos, acompañado da súa guitarra e da súa amiga Filipa.
Pasamos unha tarde moi divertida e amena con esta sesión de contacontos, da que desfrutaron moito tanto nen@s como adultos.
Unha actividade moi recomendable para todas as idades.