As Pontes asiste á “viaxe feliz de Ramón Sanfiz”
O pasado 18 de maio Ignacio Vilariño visitou As Pontes co seu espectáculo “A viaxe de Ramón Sanfiz”. Foi un pracer escoitar os contos da viaxe, as cantigas e romances e revivir con el o personaxe de Francisco Fernández Del Riego. Especial ilusión nos fixo o conto sobre O flan chino mandarían, a boa conta que o seu artífice foi o pontés, José Ferro. Moitas grazas Ignacio por facernos pasar unha tarde tan divertida.