“Un día para as letras: Homenaxe a Paco del Riego”, de Polo correo do vento, na Biblioteca de Narón
O pasado sábado 20 de maio acompañamos ao pingüín Panchito nunha apaixoante viaxe ata o Polo Sur na que tivemos tempo de cantar, debuxar, rir e aprender unha morea de cousas sobre Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado este ano no Día das letras galegas.
Así foi como da man de Polo correo do vento celebramos o día máis grande da nosa literatura.



