Leo e seus amigos tinguen de cor a Biblioteca da Estrada
O pasado sábado 20 de abril, a compañía teatral Trémola aterrou na Biblioteca Municipal da Estrada co seu espectáculo «Leo e as cores», destinada a nenos e nenas de entre cero e tres anos.
Paula presentounos ao león Leo, e este aos seus amigos, que se embarcaron nunha aventura onde predomina o aspecto lúdico, con música, cancións, xogos e diversión, facendo partícipes aos nenos e nenas, que en varios puntos do espectáculo teñen que axudar a Leo e aos seus amigos, ao tempo que aprenden e repasan as cores.