“CONTOS ARREDOR DO LUME” para conmemorar a chegada do Solsticio de Verán e o comezo das vacacións escolares en BIBLIOPAZOS
Para conmemorar a chegada do Solsticio de Verán e o comezo das vacacións escolares, tivemos con nós á contadora ALBA DE VALES, quen nos trouxo o seu espectáculo de narración oral “CONTOS ARREDOR DO LUME” o Mércores día 21 de Xuño a partir das 11:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, e asistiron a este evento todo o alumnado de Infantil e Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos.
Neste excelente espectáculo ALBA DE VALES ofreceunos unha selección de contos de tradicións populares que nos achegaron ao lume de fóra e de dentro, para falarnos de igualdade, solidariedade, coraxe e intuición propia, que como unha luz guía, precisamos para andar o noso camiño. Falounos da tradición do Xan Xoán, entre outras, e coa súa expresión oral, co xesto e cun pandeiro redondo tradicional acompañando a velada, tróuxonos unha pouca luz que se cadra espertou aos lumes dormentes.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.