“Coas mans na masa” a cargo de OQO na B.P.M. “Manuel María” de Oleiros
O martes, 19 de setembro, tivemos o pracer de recibir a visita de Raquel e Borja que nos mostraron o que se pode facer cun quilo de fariña, unha presada de sal e un chorro de pintura.
Despois de desfrutar coa narración do conto “Maruxa” as nenas e os nenos de Oleiros elaboraron, con masa de pan, un cadro cos protagonistas da historia e mesmo crearon novas escenas cheas de cor.
Pasamos unha tarde verdadeiramente divertida e creativa e reflexionamos sobre o reparto de tarefas no fogar.