Megaobradoiro de Globoflexia con Ian Richard Hamilton en Laxe
O sábado 9 de setembro, gozamos en Laxe do Megaobradoiro de Globoflexia dirixido por Ian e Elisa que foi do máis divertido!
Pequenos/as e maiores aprendemos a facer varias formas cos globos: coroas, cans, serpes, espadas… E iso non foi todo!
Tamén houbo espazo para a música, os contos e a maxia, que, sen dúbida, fixeron que a cita fose dun dez!