Maxia tola e lectora na Biblioteca de Santa Cruz (Oleiros) con Leo Leiño
Personaxes de conto, astronautas, cápsulas do tempo, tormentas de ideas e ata o mesmo don Quixote ou Xulio Verne desfilaron polo Teatro das Torres nunha sesión de maxia e escapismo. Un público entregado e moi participativo que non dubidou en sair cando se pedían voluntarios ou voluntarias.
Os libros foron os grandes protagonistas deste espectáculo no que se procurou transmitir a maxia e o poder das historias que neles viven.
Ao remate, moitos nenos e nenas subiron ao escenario para sacar unha improvisada foto coas integantes do grupo Leo Leiño rodeados e rodeadas dun colorido manto de confeti.

Empezamos