O público pre-lector inicia o curso nas bibliotecas municipais de Cambre
Onte, xoves 21 de setembro, a Biblioteca Municipal Os Templarios acolleu un fermoso espectáculo de artes escénicas dirixido a estimular ao noso público pre-lector de 0 a 3 anos e ás súas familias.
Trémola Teatro foi a compañía encargada de estimular ao numeroso público pre-lector que está a ateigar as actividades de animación á lectura na biblioteca de O Temple (Cambre) neste inicio de curso. ‘Leo e as cores’ é un espectáculo de contos e cancións: unha maneira espléndida de tomar contacto coas bibliotecas.