Migallas na Biblioteca Central Rialeda de Perillo (Oleiros)
Este xoves 28 na Biblioteca Rialeda puidemos gozar con CINCO RATIÑOS DE CONTO de Migallas. Bea montou unha mesa con diversas pezas e foi expoñendo os libros nos que se baseaban as historias dos libros A que sabe a lúa? ou A ratiña presumida a medida que ía contándoas. Cantou e fixo participar ao público infantil e tamén adulto.