O MAGO PACO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL POETA LOIS PERIRO DE MONFORTE DE LEMOS
O pasado venres, 29 de setembro, o mago Paco visitou a nosa biblioteca municipal. Máis de 150 nenos e nenas asistiron a un espectáculo de maxia e narracións co fio conductor da igualdade. Igualdade entre homes e mulleres, igualdade de dereitos para todos e todas independientemente da raza, orixe ,procedencia e nivel económico. Pero igualdade dentro da diversidade, ser diferentes pero cos mesmos dereitos.
Durante hora e media o mago Paco mantivo o interés do público facendo que participaran nas súas propostas.
Os asistentes quedaron moi satisfeitos e con gañas de volver a ver e participar en actividades coma esta.