“O traxe novo do rei” de Tarabelos na B.P.M. de Láncara
O venres 29 de setembro na Biblioteca Municipal de Láncara tivo lugar a representación do espectáculo de títeres “O traxe novo do rei” a cargo de Tarabelos , unha versión do popular conto de Andersen co que os cativos e máis os adultos presentes pasaron un anaco divertido.